Becas Licenciados, graduados y diplomados en Biblioteconomía y Documentación
Convocatoria de 74 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios en centros e servizos dependentes da Deputación Provincial.
As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Requisitos
Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
- Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
- Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
- Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
- Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
- Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
Información de contacto
http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130102.001.pdf