Bolsas formativas Xestión cultural museística e Arquivos e Biblioteca
CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE DÚAS BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL MUSEÍSTICA E OUTRA EN MATERIA DE ARQUIVOS E BIBLIOTECA PARA O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PH. 2012-2013.
Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de dúas bolsas formativas para colaborar no Museo Provincial de Lugo (RMP) para 2012-2013:
“Xestión cultural museística” ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e mailo seguimento do programa de actividades culturais e didácticas do Museo Provincial de Lugo para 2012-2013.
“Arquivos e Biblioteca”, ao fin de colaborar nas tarefas do Departamento de Arquivos e Biblioteca do MPL con especial incidencia no inventariado e catalogación.
Requisitos
Requisitos xerais: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. b) Estar en posesión da titulación académica requirida. c) Acreditar o coñecemento da lingua galega d) Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. e) As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso.
Información de contacto
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7466_1.pdf#PAGE=5